Calendario

jueves, 25 de diciembre de 2014

Presentación Concerto de Nadal. Ano da Vida Consagrada

Este martes 23 de Decembro 2014, ás 12:30h. na sala de xuntas da Deputación, tivo lugar a presentación do Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense enmarcado no Ano da Vida Consagrada. Participaron no acto Monseñor Leonardo Lemos, María do Ceo,  Rosendo Fernández, José Luis Gavilanes e Xosé Lois Foxo. 


O evento que se celebrará o día 27 do presente  mes na Colexiata de Santa María de Xunquiera de Ambía, ás 19,00 h. terá como preámbulo unha mostra musical no acto de presentación coa intervención das Cantareiras da Real Banda.

O Sr. Bispo destacou a importancia deste evento con motivo do Ano da Vida Consagrada como un acontecemento singular no que pola via pulcritudinis podemos achegarnos a Deus.



No hay comentarios:

Publicar un comentario